Publicador de contidos

Contido coa etiqueta os eua .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta os eua .

Os Eua

O presidente Ucraíno, Volodímir Zelenski, recibe o secretario de estado dos EUA, Antony Blinken, durante a visita sorpresa realizada a Kíiv (Reuters/Brendan Smialowski)

Zelenski pídelle a Blinken dous sistemas Patriot adicionais para defender Khárkiv

14/05/2024 11:38

"Para nós é clave que cheguen tan rápido como sexa posible”, díxolle Zelenski ao secretario de estado dos EUA, que viaxou este martes por sorpresa a Kíiv


Momento da demolición da ponte (Reuters/Leah Millis)

Demolen parte da accidentada ponte de Baltimore e empezan a liberar o buque Dalí

14/05/2024 10:01

A operación permite avanzar para a habilitación deste importante paso marítimo

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   PONTE

Os EUA cuestionan o uso que fai Israel en Gaza das armas que lles proporcionan

11/05/2024 08:17

Segundo conclúe nun informe, o armamento usouse "nalgúns casos" de xeito "inconsistente" para evitar a morte de civís

A Casa Branca non atopa información suficiente para determinar que violou o dereito internacional 

Tampouco encontra indicios suficientes para acusar o Estado hebreo de obstruír a entrada de axuda humanitaria


Reuters

Biden avisa a Israel: deixará de enviarlle bombas se invade Rafah

09/05/2024 03:00

O presidente dos EUA di que deixou claro que, se lanza unha ofensiva terrestre a grande escala, non lle subministrarán máis bombas nin proxectís de artillaría

Joe Biden recoñece por primeira vez a morte de civís na Franxa de Gaza polo uso de bombas estadounidenses

Israel di que o anuncio de Biden é "moi decepcionante" e non desbota entrar en Rafah

Albares non quere "anticipar" se España recoñecerá ao Estado palestino o próximo 21 de maio

Categorías:  Mundo

TikTok denuncia os Estados Unidos por unha lei que ameaza con vetar o seu uso no país

07/05/2024 19:23

O Congreso dos EUA aprobou unha norma para que ByteDance venda as operacións da rede social no país

A empresa alega que esa lei  é unha "afirmación de poder extraordinaria e inconstitucional"

Categorías:  Mundo   Sociedade
Etiquetas:  OS EUA   TIKTOK

Protesta de estudantes na Universidade de Virxinia

Detidas 25 persoas nos EUA nas protestas universitarias contra a ofensiva en Gaza

05/05/2024 08:15

Tensión nas cerimonias de graduación que se celebran esta fin de semana nalgúns centros americanos


Cartel da inauguración publicado no Facebook da 'City of Miami. Parks and recreation'

Miami conta co cruceiro máis grande do mundo, símbolo da conexión de Galicia cos EUA

04/05/2024 19:30

Obra do escultor galego Santiago Besada, ten nove metros de altura e loce no Memorial Boulevard Park, no corazón da cidade 


Policía e manifestantes durante as protestas deste xoves dos grupos propalestinos na Universidade de California (Reuters)

Decenas de detidos na Universidade de California tras irromper a policía no campamento propalestino

02/05/2024 13:30

Os incidentes producíronse despois de que durante toda a noite os acampados se negaran a abandonar as instalacións de UCLA como lles pedían as autoridades

O presidente, Joe Biden, condenou a violencia nas protestas contra a guerra en Gaza


A Policía de Nova York detivo ducias de estudantes no desaloxo do edificio ocupado da Universidade de Columbia (Syndi Pilar / DPA)

A policía desaloxa pola forza a acampada propalestina da Universidade de Columbia

01/05/2024 11:42

Ducias de estudantes foron detidos e trasladados a dependencias policiais


Joe Biden celebra o labor da prensa, mentres critican na rúa o seu apoio a Israel

28/04/2024 09:06

Na cea de correspondentes da Casa Branca pediulles aos profesionais evitar o sensacionalismo na cobertura política 

Centros de manifestantes pedíronlle un cambio de postura na ofensiva contra Gaza e honraron os xornalistas falecidos na guerra

 


Iraq confirma a morte dunha persoa no ataque contra a base dun grupo proiraniano

20/04/2024 08:38

Outras oito persoas quedaron feridas na explosión rexistrada a 80 quilómetros de Bagdad

Categorías:  Mundo   Política

O ministro de Exteriores de Irán, o pasado 14 de abril en Teherán (Reuters).

Irán asegura que avisou os Estados Unidos do ataque a Israel

18/04/2024 08:16

O ministro de Exteriores iraniano afirma que mandaron outra mensaxe máis despois da ofensiva en que afirman que non buscan unha escalada da tensión na rexión

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   OS EUA   ONU   IRÁN

Donal Trump (Europapress-Arquivo)

Trump asiste á selección do xurado do seu xuízo penal en Nova York

15/04/2024 16:59

Trump sentará no banco por uns pagos irregulares de 130.000 dólares á actriz porno Stormy Daniels para comprar o seu silencio durante a campaña electoral de 2016

Categorías:  Mundo   Política

Donal Trump (Europapress- Arquivo)

O xuízo penal contra Trump arranca este luns coa selección do xurado

15/04/2024 12:26

Trump sentará no banco por uns pagos irregulares de 130.000 dólares á actriz porno Stormy Daniels para comprar o seu silencio durante a campaña electoral de 2016

Categorías:  Mundo   Política

Actividade no Centro de Control da Forza Aérea israelí durante o ataque (EFE)

Israel mantense alerta tras interceptar máis de 300 proxectís iranianos

14/04/2024 07:52

O Consello de Seguridade da ONU reúnese de urxencia este domingo a pedimento de Israel

Biden dá o seu apoio a Netanyahu tras un ataque "sen precedente" e buscará resposta do G7


Igualdade confirma como crime machista o asasinato dunha muller estadounidense en Málaga

12/04/2024 11:09

Non existían denuncias previas contra o presunto agresor, un home tamén estadounidense de 50 anos que foi detido nun principio sospeitoso dun homicidio imprudente, ao pensarse que a muller morrera accidentalmente durante unha práctica sexual "extrema"


Prisión para un turista estadounidense por matar presuntamente a súa muller en Málaga

09/04/2024 07:58

Os investigadores pensaron nun primeiro momento que se trataba dunha morte accidental durante unha práctica sexual "extrema"

O xuíz cambiou os cargos logo de tomarlle declaración ao home


Biden pide a Exipto e a Qatar que lle metan presión a Hamas para chegar a un acordo con Israel

06/04/2024 08:29

O mandatario considera insuficientes as medidas anunciadas por Israel para mellorar a situación humanitaria en Gaza


Xuntanza entre Biden e Netanyahu en Tel Aviv en outubro de 2023

Israel accede a ampliar a axuda humanitaria a Gaza tras a chamada entre Biden e Netanyahu

05/04/2024 07:47

"Este aumento da asistencia evitará unha crise humanitaria e é esencial para garantir a continuación dos combates e lograr os obxectivos da guerra", indicou un comunicado da Oficina do primeiro ministro

O cruzamento de Erez abrirá por primeira vez desde o inicio da guerra, un reclamo das axencias humanitarias e da comunidade internacional, para acceder ao norte da franxa


Non hai prazos para que o porto de Baltimore volva estar operativo

30/03/2024 14:25

Trabállase na apertura dunha canle que permita un tráfico limitado

Categorías:  Mundo   Sucesos

Detido un mozo de 22 anos que matou a coiteladas catro persoas en Illinois

28/03/2024 13:19

Outras cinco persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade


Deteñen a busca das vítimas de Baltimore tras atopar dous dos seis desaparecidos

28/03/2024 10:08

Os corpos apareceron dentro dunha camioneta baixo a auga

Son dous dos oito operarios que estaban a facer labores de reparación na ponte; outros dous foron rescatados con vida e os outros catro xa os dan por mortos

Suspendeuse a busca de máis sobreviventes

O mercante transportaba materiais químicos perigosos


Os enxeñeiros cuestionan a falta de protección dos piares da ponte de Baltimore

27/03/2024 14:47

Os expertos apuntan tamén a carencia de remolcadores para o apoio nas manobras portuarias


Ponte colapsada en Baltimore Foto e Directo Reuters

Dan por mortas as seis persoas desaparecidas no colapso da ponte de Baltimore

26/03/2024 16:18

Suspéndese a busca das 6 persoas desaparecidas tras o colapso da ponte, todos traballadores de mantemento da infraestrutura

 Unha inspección o pasado xuño no porto chileno de San Antonio atopou problemas na propulsión e a maquinaria auxiliar do cargueiro

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA

Os expertos, sorprendidos polo derrubamento da ponte en Baltimore

26/03/2024 14:04

Cren que os piares da ponte carecerían de protección, e que por iso colapsou tras o impacto do buque

Tamén lles chama a atención que se trata dunha construción relativamente recente, con menos de cincuenta anos


Foto e sinal en directo de Reuters

Cae a maior ponte de Baltimore tras impactar un cargueiro contra un dos seus piares

26/03/2024 08:53

Hai dous superviventes e polo menos sete desaparecidos, aínda que non hai cifra definitiva, xa que pola ponte cruzaban coches no momento do impacto

Non hai feridos entre os 22 tripulantes do cargueiro que chocou contra un piar da ponte tras perder propulsión

Os expertos, sorprendidos polo derrubamento da ponte en Baltimore con menos de 50 anos de antigüidade

Lembramos o accidente das Pías en 1998, cando un buque derrubou a ponte da ría de Ferrol


Trump no mitin en Ohio

Trump augura un "baño de sangue" se perde as eleccións de novembro

17/03/2024 08:32

Nun mitin en Ohio chamou "criminais" á poboación inmigrante e puxo en cuestión que sexan "persoas"


Biden e Trump son xa matematicamente candidatos ás presidenciais de novembro

13/03/2024 07:05

Nas primarias deste martes sumaron os delegados que precisaban para asegurar as candidaturas

Joe Biden agradece o apoio dos votantes demócratas "nun momento en que a amenaza que representa Trump é máis grande que nunca"

Donald Trump chama os votantes republicanos a derrotaren "o peor presidente na historia dos EUA, o corrupto Biden"


Biden: "A cuestión non é o vellos que somos, senón o vellas que son as nosas ideas"

08/03/2024 08:15

O discurso sobre o estado da Unión do presidente estadounidense tivo a súa mirada posta nas eleccións de novembro e advertiu do perigo que suporía o regreso de Trump á Casa Branca

O magnate neoirquino respondeulle nas redes: "Está enfadado e tolo"


Exércitos de varios países lanzan axuda humanitaria en paracaídas sobre Gaza para saltar o bloqueo israelí

Biden ordenará construír un porto en Gaza para enviar axuda de emerxencia ante o bloqueo israelí

07/03/2024 19:34

O país proporcionou máis de 180 millóns de dólares en axuda desde o 7 de outubro

Biden busca paliar o descontento do seu electorado de orixe árabe e pide un cesamento do fogo


Haley abandona as primarias pero non expresa o seu apoio a Trump

06/03/2024 12:41

A exgobernadora de Carolina do Sur decidiu abandonar a carreira para o nomeamento republicano tras a vitoria do magnate neoirquino no supermartes

Dean Philips abandona a carreira á Casa Branca e apoia a Biden


O supermartes deixa a Biden e a Trump ás portas de aseguraren candidatura ás presidenciais

06/03/2024 06:27

Cada un arrasou nas primarias do seu partido, que se celebraban en quince estados e nun territorio

Nas demócratas volveuse constatar o voto de castigo ao presidente estadounidense polo seu papel na guerra de Gaza

Nas republicanas, o exmandatario sumou a segunda derrota ante Nikki Haley, en Vermont


O Supremo dos EUA permítelle a Trump presentarse ás eleccións

04/03/2024 16:15

Declara inconstitucional a decisión de apartalo das primarias de Colorado

A decisión do máximo tribunal chega na véspera do supermartes, data clave no camiño á Casa Branca

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  DONALD TRUMP   OS EUA

Nikki Haley en campaña

Nikki Haley logra a súa primeira vitoria fronte a Trump nas primarias republicanas

04/03/2024 09:57

A exgobernadora de Carolina do Sur logrou a vitoria na capital, Washington DC, na convocatoria de primarias previa ao supermartes, a cita que con toda probabilidade marcará a campaña para designar o candidato republicano á Casa Branca


Carga dos alimentos nos avións militares

Os EUA intensifican o envío de axuda en Gaza á espera dun cesamento do fogo

03/03/2024 08:14

Avións militares lanzan 38.000 paquetes de comida sobre a Franxa


Donald Trump gaña en Misuri, Míchigan e Idaho e achégase máis á candidatura

03/03/2024 08:08

O expresidente acumula 244 delegados e a súa rival, Nikki Haley, suma 24


Primeiro lanzamento aéreo de axuda humanitaria en Gaza dos Estados Unidos

02/03/2024 18:24

Os paquetes de comida non incluían nin auga nin subministracións médicas

Joe Biden abriu a posibilidade de abrir un corredor marítimo para facilitar a entrada de axuda humanitaria


Biden anuncia o lanzamento aéreo de alimentos e menciñas en Gaza

02/03/2024 08:56

Tamén falou da posibilidade de abrir un corredor marítimo para facilitar a chegada de axuda humanitaria


Os EUA e o Reino Unido bombardean por cuarta vez posicións hutís no Iemen

25/02/2024 09:37

Ambas as dúas nacións xustifican a acción polo crecente número de ataques hutís contra embarcacións no mar Vermello


Trump gaña as primarias en Carolina do Sur por ampla marxe sobre Nikki Haley

25/02/2024 09:14

Cada vez está máis preto de se converter no candidato oficial republicano para as eleccións de novembro

A súa rival, Nikki Haley, volveu proclamar que non se retira da carreira, malia perder no seu estado natal

 

Categorías:  Mundo   Política
Publicidade
Publicidade